domingo, 13 de mayo de 2012

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO 1

O domingo, 6 de maio de 2012 celebrouse o Campionato Provincial de Atletismo nas categorías benxamín e alevín. Polo Club de Atletismo Arumes-Área 10 participaron catro atletas, clasificándose todos, e con moi bos resultados, xa que se conseguiron tres podios (e polo tanto 3 medallas).

Duas medallas foron a parar nas mans de Andrea Reija; unha de bronce en 500 m.l. e unha de prata en salto de lonxitude, quedando 4ª en salto de altura (empatada coa 3ª).

Raul de la Fuente conseguíu a medalla de prata tamen en lonxitude, quedando 5º en 500 m.l.

Cristina quedou 2ª na súa serie de 60 m.l., pasando polo tanto á final. Esta carreira quedou anulada pola Federación, tendo que disputarse o vindeiro sábado día 12 de maio.

Uxía Ferández quedou 5ª na súa serie de 60 m.lisos, non pasando polo tanto á final e quedou 6ª en 500 m.lisos.

Competir 4 atletas, traer 3 medallas e a posibilidade da 4ª o vindeiro sábado, é un magnífico resultado.

Agora a preparar os galegos! Parabéns a todos/as!

sábado, 26 de noviembre de 2011

20 ANIVERSARIO DA ESCOLA ATLÉTICA BEN CHO SHEY

O sabado día 26 de novembro, nas pistas "Josefina Salgado" no complexo polideportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar), disputouse o Trofeo conmemorativo do 20 ANIVERSARIO DA ESCOLA ATLÉTICA BEN CHO SHEY. Os resultados acadados foron:


ALEVÍN FEMININO (500 m lisos)

- Andrea Reija Torrón: 1º posto.
- Cristina Castedo Pereira: 2º posto.
- Uxía Fernández Vázquez: 6º posto.

As tres atletas correron por vez primeira na categoría alevín.


PREBENXAMÍN MASCULINO (500 m lisos)

- Hugo Fernández Castro: 6º posto.

Este atleta foi o máis novo da pista.


Felicidades a todo o equipo.

lunes, 10 de octubre de 2011

III CARREIRA DO ARENTEIRO, O CARBALLIÑO

O sábado, dia 9 de outubro de 2011, celebrouse no Carballiño a III edición da carreira pedestre popular do Arenteiro, indo unha representacion de catro atletas do Club de Atletismo Arumes-Área 10. Os resultados acadados foron:


BENXAMÍN FEMININO

- Andrea Reija Torrón: 1º posto.
- Cristina Castedo Pereira: 2º posto.
- Uxía Fernández Vázquez: 4º posto.

PREBENXAMÍN MASCULINO

- Hugo Fernández Castro: 7º posto.


Parabéns a todo o equipo.

domingo, 25 de septiembre de 2011

III CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

Despois do éxito das dúas primeiras edicións, o 22 de outubro de 2011 (sábado) celebrarase pola tarde, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a terceira carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".

Máis información na páxina web da A.C. Arumes do Corgo.

domingo, 18 de septiembre de 2011

V CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 2011

O domingo, dia 18 de setembro de 2011, celebrouse en Boimorto a V edición da carreira pedestre popular do concello, indo unha representacion de cinco atletas do Club de Atletismo Arumes-Área 10. Os resultados acadados foron:


BENXAMÍN MASCULINO

- Raul Díaz de La fuente: 1º posto.

BENXAMÍN FEMININO

- Andrea Reija Torrón: 2º posto.
- Uxía Fernández Vázquez: 3º posto.
- Cristina Castedo Pereira: 4º posto.

Parabéns tamén para o noso pequeno Hugo pola súa boa participación

sábado, 3 de septiembre de 2011

IV CARREIRA POPULAR MONTE DE SANTA CRUZ

O sábado, dia 3 de setembro de 2011, celebrouse en Ribadeo a IV edición da carreira popular "Monte de Santa Cruz", indo unha boa representacion do equipo do Corgo, Arumes Area 10. Cunha brillante participación os resultados finais foron os seguintes:


BENXAMÍN FEMININO

- Andrea Reija Torrón: 1º posto.
- Cristina Castedo Pereira: 2º posto.
- Uxía Fernández Vázquez: 4º posto.

BENXAMÍN MASCULINO

- Raul Díaz de La fuente: 1º posto.

Parabéns a todo o equipo que xa na primeira proba manteñen e superan o bo nivel da tempada anterior.

domingo, 29 de mayo de 2011

IV CARREIRA POPULAR "RÍO MAO"

O domingo, 29 de maio de 2011, celebrouse en Bóveda (en horario matutino) a IV Carreira Popular "Río Mao". De novo os resultados dos nosos nenos volveron a ser espectaculares xa que en:

BENXAMÍN FEMININO

- Cristina Castedo: 1º posto.
- Andrea Reija: 2º posto.
- Uxía Vázquez: 3º posto.

BENXAMÍN MASCULINO

- Hugo Fernández: 7º posto.

PITUFOS MASCULINO

- Pablo Vilar: 1º posto.

Noraboa tamén a Carla Reija e a Antía Vázquez polo seu exitoso debut na categoría pitufos feminina.