viernes, 27 de agosto de 2010

DEBUT DO CLUB DE ATLETISMO ARUMES-ÁREA 10

O pasado domingo, día 22 de agosto de 2010, debutou o recén creado Club de Atletismo ARUMES-ÁREA 10, na 2º edición da Carreira Popular Arumes do Corgo.

As categorías inferiores, que levan adestrando dende o mes de maio dous días á semana, colleitaron trofeos nunha boa parte das categorías. PREMA AQUÍ PARA VER OS RESULTADOS (EN VERMELLO OS MEMBROS DO CLUB).

O adestrador, Miguel Roig Varela manifestou estar moi satisfeito polos resultados, "xa que demostran que se está a traballar no bo camiño e que tanto no Corgo como en Castroverde hai moi boa canteira para o mundo do atletismo".

O presidente da Federación, Isidoro Hornillos, presente na entrega de premios da II Carreira Popular Arumes do Corgo arroupou ás categorías inferiores do club, levando unha camiseta de agasallo.


A XUNTA DIRECTIVA DO CLUB DE ATLETISMO ARUMES-ÁREA 10