domingo, 17 de junio de 2012

CAMPIONATO GALEGO DE PISTA AIRE LIBRE

Despois do resultado acadado no campionato provincial (catro medallas de cinco atletas), o 2 de xuño celebráronse en Ferrol os galegos de pista ao aire libre, no que participaron atletas do Celta, Concepcion Arenal, Ourense, Franciscanos, Comesaña, etc...

O Arumes-Área 10 participou con dous atletas, Raul Diaz de La Fuente e Andrea Reija, non participando Cristina por problemas administrativos. Só podian participar as 16 mellores marcas de Galiza (non participando Uxia Fernandez nin Hugo Fernandez por non acadar as marcas correspondentes).
Ainda así, Raul quedou 5º en lonxitude e 1º da provincia e Andrea 7ª e 2ª da provincia, sendo ademais atleta de 1º ano na súa categoria, atopándose mal por problemas estomacais nos 500 lisos.

De novo, felicidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario