domingo, 13 de mayo de 2012

CAMPIONATO PROVINCIAL 2

O sábado, 12 de maio de 2012 rematou a derradeira xornada do Campionato Provincial alevín. Só quedaba a proba de 60 m. lisos, suspendida o sabado anterior, e de novo o Club de Atletismo Arumes-Área 10 consigue podio.

A nosa atleta Cristina Castedo logrou a medalla de prata, co cal rematamos o provoncial con catro medallas de 4 atletas presentados: dúas de Andrea Reija (unha de prata en lonxitude e outra de bronce en 500 m. lisos, empatada coa segunda, ademais do 4º posto en altura), prata tamén para Cristina (tendo en conta ademais que estas dúas atletas son alevíns de 1º ano) sendo a outra medalla para Raul De La Fuente con outra prata tamén en altura ademais dun 5º posto en 500 m.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO 1

O domingo, 6 de maio de 2012 celebrouse o Campionato Provincial de Atletismo nas categorías benxamín e alevín. Polo Club de Atletismo Arumes-Área 10 participaron catro atletas, clasificándose todos, e con moi bos resultados, xa que se conseguiron tres podios (e polo tanto 3 medallas).

Duas medallas foron a parar nas mans de Andrea Reija; unha de bronce en 500 m.l. e unha de prata en salto de lonxitude, quedando 4ª en salto de altura (empatada coa 3ª).

Raul de la Fuente conseguíu a medalla de prata tamen en lonxitude, quedando 5º en 500 m.l.

Cristina quedou 2ª na súa serie de 60 m.l., pasando polo tanto á final. Esta carreira quedou anulada pola Federación, tendo que disputarse o vindeiro sábado día 12 de maio.

Uxía Ferández quedou 5ª na súa serie de 60 m.lisos, non pasando polo tanto á final e quedou 6ª en 500 m.lisos.

Competir 4 atletas, traer 3 medallas e a posibilidade da 4ª o vindeiro sábado, é un magnífico resultado.

Agora a preparar os galegos! Parabéns a todos/as!