O domingo 1 de maio, disputouse no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Campionato Provincial Escolar en Pista, nas categorías benxamin, alevin e infantil, dentro do programa XOGADE. Preto de 350 pequenos e pequenas de toda a provincia déronse cita nunha gran xornada atletica.
Os resultados do Club de Atletismo Arumes-Área 10 foron:
- Andrea Reija proclamouse campiona provincial en 500 m lisos e salto de lonxitude (nos 500 acadou a mellor marca galega da súa categoria).
- Cristina Castedo tamén se proclamou campiona provincial en 50 m lisos.
- Uxía Vázquez acadou o 5º posto en 500 m e o 6º posto en 50 m lisos.
- Raúl Díaz ficou 6ª en 1000 m lisos.
Os nenos e nenas do Club de Atletismo Arumes-Área 10 foron felicitados por representantes tanto de Deporte Escolar da Xunta como da Federación Galega de Atletismo polos bos resultados obtidos.
O Campionato Galego disputarase o vindeiro día 21 de maio en Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario