domingo, 27 de febrero de 2011

CONTROL DE MARCAS DE MENORES

O sábado, 26 de febreiro de 2011, celebrouse nas pistas da Malata de Ferrol o control de marcas de menores cos seguintes resultados:

50 metros lisos mulleres Benxamín (Serie 1/2):
- 2º posto: CRISTINA CASTEDO PEREIRA

500 metros lisos homes Benxamín:
- 3º posto: RAUL DIAZ DE LA FUENTE
- 6º posto: HUGO FERNANDEZ CASTRO

500 metros lisos mulleres Benxamín:
- 1º posto: ANDREA REIJA TORRON
- 6º posto: UXIA FERNANDEZ VAZQUEZ

Ver resultados

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O sábado, día 20 de febreiro de 2011, celebrouse en Vilalba o Campionato Provincial de Campo a Través Escolar cunha única representante polo Club de Atletismo Arumes-Área 10: Andrea Reija que quedou no posto 12 da categoría benxamín feminino.

Ver resultados da carreira

X CARREIRA POPULAR VIRXE DAS DORES DE LALÍN

O pasado sábado, día 12 de febreiro de 2011, celebrouse en Lalín a X Carreira Popular Virxe das Dores, obtendo os seguintes resultados:

- 1º posto: Andrea Reija (benxamín feminino)
- 4º posto: Uxía Fernández (benxamín feminino)
- 5º posto: Cristina Castedo (benxamín feminino)
- 4º posto: Raul Díaz (benxamín masculino)
- 9º posto: Hugo Fernández (prebenxamín masculino)

FASE CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O domingo, día 6 de febreiro de 2011, celebrouse en Lugo a fase clasificatoria para o campionato provincial de campo a través escolar, clasificándose para a mesma:

- Andrea Reija (cat. benxamín feminino)
- Cristina Castedo (cat. benxamín feminino)

sábado, 1 de enero de 2011

XVI CARREIRA POPULAR SAN SILVESTRE

Na tarde do 31 de decembro de 2010, xa no luscofusco do ano, moitos lucenses se achegaron á zona do Club Fluvial de Lugo para participar na XVI Carreira Popular San Silvestre de Lugo. Por suposto, tamén estivo alí o Club de Atletismo Arumes-Área 10 con magníficos resultados nas seguintes categorías:

ALEVÍN FEMININA
- 2º POSTO: Andea Reija Torrón
-4º POSTO: Cristina Castedo Pereira

ALEVÍN MASCULINO
- 3º POSTO: Raúl Díaz De La Fuente

MINI MASCULINA
- 5º POSTO: Pablo Vilar Gutiérrez (debutante)

Prema AQUÍ para ver todas as clasificacións da carreira.

PARABÉNS, DE NOVO, AOS ATLETAS DE ARUMES-ÁREA 10

domingo, 12 de diciembre de 2010

I CARREIRA PREPARATORIA DE CROS A NIVEL COMARCAL

O Club de Atletismo Arumes-Área 10 participou na I Carreira preparatoria de Cros a nivel comarcal cuns resultados excelentes.

Os 6 primeiros de cada categoría clasificánse para o o Campionato provincial, que á súa vez dará acceso ao Campionato galego de cros.

A pesar do gran nivel da carreira, no que participaron os mellores atletas e clubs de Lugo, os resultados son dificilmente mellorables, quedando como segue:

- Categoría benxamín feminina: 1º clasificada (Andrea) e 3º Clasificada (Cristina).
- Categoría benxamín masculina: 5º clasificado (Raúl).

Polo Club de Atletismo Arumes-Área 10 tamén participou o atleta máis novo de todas as categorías (Hugo).

PARABÉNS A TODOS OS NOSOS ATLETAS!!!

miércoles, 10 de noviembre de 2010

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

O martes, día 9 de novembro de 2010, o Club de Atletismo Arumes-Área 10 celebrou unha Asemblea Xeral Extraordinaria no Centro Sociocultural do Corgo co fin de remodelar a Xunta Directiva (entre outras cousas).

Os membros da Xunta Directiva saínte son:
  • PRESIDENTE: FRANCISCO OTERO BESTEIRO
  • VICEPRESIDENTE: MARCOS TRASHORRAS REIJA
  • SECRETARIO: MARIO OUTEIRO IGLESIAS
  • TESOUREIRO: MARCOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
  • VOCAL 1: XOSÉ ENRIQUE CASANOVA SÁNCHEZ
  • VOCAL 2: FELIPE LABRADA REIJA
  • VOCAL 3: MIGUEL ROIG VARELA

Os membros da nova Xunta Directiva son:

  • PRESIDENTA: PILAR CASTRO FERREIRO
  • VICEPRESIDENTE: FRANCISCO OTERO BESTEIRO
  • SECRETARIO: MARIO OUTEIRO IGLESIAS
  • TESOUREIRO: MARCOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
  • VOCAL 1: CARMEN PEREIRA LABRADA
  • VOCAL 2: XOSÉ ENRIQUE CASANOVA SÁNCHEZ
  • VOCAL 3: FELIPE LABRADA REIJA

Agradecementos explícitos ás dúas persoas que abandonan a Xunta Directiva: Marcos Trashorras e Miguel Roig, polo traballo realizado ata o de agora e polo que realizarán nun futuro como socios activos.

No transcurso da Asemblea os máis cativos disfrutaron dunha pequena festa que rematou cunha entrega de agasallos polos máis que meritorios resultados deportivos acadados.