domingo, 27 de febrero de 2011

FASE CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O domingo, día 6 de febreiro de 2011, celebrouse en Lugo a fase clasificatoria para o campionato provincial de campo a través escolar, clasificándose para a mesma:

- Andrea Reija (cat. benxamín feminino)
- Cristina Castedo (cat. benxamín feminino)

sábado, 1 de enero de 2011

XVI CARREIRA POPULAR SAN SILVESTRE

Na tarde do 31 de decembro de 2010, xa no luscofusco do ano, moitos lucenses se achegaron á zona do Club Fluvial de Lugo para participar na XVI Carreira Popular San Silvestre de Lugo. Por suposto, tamén estivo alí o Club de Atletismo Arumes-Área 10 con magníficos resultados nas seguintes categorías:

ALEVÍN FEMININA
- 2º POSTO: Andea Reija Torrón
-4º POSTO: Cristina Castedo Pereira

ALEVÍN MASCULINO
- 3º POSTO: Raúl Díaz De La Fuente

MINI MASCULINA
- 5º POSTO: Pablo Vilar Gutiérrez (debutante)

Prema AQUÍ para ver todas as clasificacións da carreira.

PARABÉNS, DE NOVO, AOS ATLETAS DE ARUMES-ÁREA 10

domingo, 12 de diciembre de 2010

I CARREIRA PREPARATORIA DE CROS A NIVEL COMARCAL

O Club de Atletismo Arumes-Área 10 participou na I Carreira preparatoria de Cros a nivel comarcal cuns resultados excelentes.

Os 6 primeiros de cada categoría clasificánse para o o Campionato provincial, que á súa vez dará acceso ao Campionato galego de cros.

A pesar do gran nivel da carreira, no que participaron os mellores atletas e clubs de Lugo, os resultados son dificilmente mellorables, quedando como segue:

- Categoría benxamín feminina: 1º clasificada (Andrea) e 3º Clasificada (Cristina).
- Categoría benxamín masculina: 5º clasificado (Raúl).

Polo Club de Atletismo Arumes-Área 10 tamén participou o atleta máis novo de todas as categorías (Hugo).

PARABÉNS A TODOS OS NOSOS ATLETAS!!!

miércoles, 10 de noviembre de 2010

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

O martes, día 9 de novembro de 2010, o Club de Atletismo Arumes-Área 10 celebrou unha Asemblea Xeral Extraordinaria no Centro Sociocultural do Corgo co fin de remodelar a Xunta Directiva (entre outras cousas).

Os membros da Xunta Directiva saínte son:
  • PRESIDENTE: FRANCISCO OTERO BESTEIRO
  • VICEPRESIDENTE: MARCOS TRASHORRAS REIJA
  • SECRETARIO: MARIO OUTEIRO IGLESIAS
  • TESOUREIRO: MARCOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
  • VOCAL 1: XOSÉ ENRIQUE CASANOVA SÁNCHEZ
  • VOCAL 2: FELIPE LABRADA REIJA
  • VOCAL 3: MIGUEL ROIG VARELA

Os membros da nova Xunta Directiva son:

  • PRESIDENTA: PILAR CASTRO FERREIRO
  • VICEPRESIDENTE: FRANCISCO OTERO BESTEIRO
  • SECRETARIO: MARIO OUTEIRO IGLESIAS
  • TESOUREIRO: MARCOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
  • VOCAL 1: CARMEN PEREIRA LABRADA
  • VOCAL 2: XOSÉ ENRIQUE CASANOVA SÁNCHEZ
  • VOCAL 3: FELIPE LABRADA REIJA

Agradecementos explícitos ás dúas persoas que abandonan a Xunta Directiva: Marcos Trashorras e Miguel Roig, polo traballo realizado ata o de agora e polo que realizarán nun futuro como socios activos.

No transcurso da Asemblea os máis cativos disfrutaron dunha pequena festa que rematou cunha entrega de agasallos polos máis que meritorios resultados deportivos acadados.

martes, 9 de noviembre de 2010

ESTATUTOS DO CLUB DE ATLETISMO ARUMES-ÁREA 10

No seguinte enlace tes acceso aos estatutos do Club de Atletismo Arumes-Área 10:

- Visualizar estatutos.

lunes, 18 de octubre de 2010

XXVII COPA DEPUTACIÓN ATLETISMO EN PISTA

O sábado, día 16 de outubro de 2010, celebrouse no Barco de Valdeorras (Ourense) a XXVII Copa Deputación Atletismo en Pista, asistindo as nosas seccións xuvenís con grande éxito. Os resultados obtidos foron os seguintes:

- Benxamín feminino: Primeiro posto en 50 m lisos
- Benxamín feminino: Segundo posto en 50 m lisos
- Benxamín feminino: Primeiro posto en 500 m lisos
- Alevín masculino: Terceiro posto en 500 m lisos
- Atleta mais novo en 500 m lisos

PARABÉNS DE NOVO A TODOS OS PARTICIPANTES. VÉMONOS DE NOVO EN OURENSE EN 15 DÍAS!!!

domingo, 12 de septiembre de 2010

CARREIRA POPULAR GUITIRIZ TERMAL

O sabado, 11 de setembro de 2010, celebrouse en Guitiriz a carreira popular "Guitiriz Termal" e ali foron os nosos atletas do Club de Atletismo ARUMES-ÁREA10, como sempre cheos de ilusion (dada a sua idade) ao igual que os directivos, técnicos, pais, etc.

Partciparon representando ao club e polo tanto ao Corgo os seguintes atletas:

  • Hugo Fernández Castro (categoria benxamín)
  • Iván Vilar Gutiérrez (categoria alevín)
  • Carla Castedo Pereira (categoria alevín)
  • Cristina Castedo Pereira (categoria alevín)
  • Andrea Reija Torron (categoria alevín)


Debemos destacar o 2º e 3º posto respectivamente de Andrea e Cristina así como o esforzo de todos os demais. Parabéns a todos e a seguir adestrando, a vindeira carreira xa esta á vista.