O martes, día 9 de novembro de 2010, o Club de Atletismo Arumes-Área 10 celebrou unha Asemblea Xeral Extraordinaria no Centro Sociocultural do Corgo co fin de remodelar a Xunta Directiva (entre outras cousas).
Os membros da Xunta Directiva saínte son:
- PRESIDENTE: FRANCISCO OTERO BESTEIRO
- VICEPRESIDENTE: MARCOS TRASHORRAS REIJA
- SECRETARIO: MARIO OUTEIRO IGLESIAS
- TESOUREIRO: MARCOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
- VOCAL 1: XOSÉ ENRIQUE CASANOVA SÁNCHEZ
- VOCAL 2: FELIPE LABRADA REIJA
- VOCAL 3: MIGUEL ROIG VARELA
Os membros da nova Xunta Directiva son:
- PRESIDENTA: PILAR CASTRO FERREIRO
- VICEPRESIDENTE: FRANCISCO OTERO BESTEIRO
- SECRETARIO: MARIO OUTEIRO IGLESIAS
- TESOUREIRO: MARCOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
- VOCAL 1: CARMEN PEREIRA LABRADA
- VOCAL 2: XOSÉ ENRIQUE CASANOVA SÁNCHEZ
- VOCAL 3: FELIPE LABRADA REIJA
Agradecementos explícitos ás dúas persoas que abandonan a Xunta Directiva: Marcos Trashorras e Miguel Roig, polo traballo realizado ata o de agora e polo que realizarán nun futuro como socios activos.
No transcurso da Asemblea os máis cativos disfrutaron dunha pequena festa que rematou cunha entrega de agasallos polos máis que meritorios resultados deportivos acadados.