QUE É O CLUB DE ATLETISMO ARUMES-ÁREA 10?
É un club deportivo constituído recentemente (o día 18 de febreiro de 2010) no Corgo co fin de promover o atletismo entre mozos e maiores, non só no concello do Corgo senón tamén nos concellos limítrofes.
QUEN FORMA PARTE DO PROXECTO?
Detrás da fundación e posta en marcha do club de atletismo están varias asociacións (A.C. Arumes do Corgo, organizadora, entre outras, da I Carreira Popular Arumes do Corgo, E.C Área 10, entidade que traballa no ámbito deportivo corgués dende rapaces ata adultos), administracións públicas (Concello do Corgo, Deputación de Lugo…) e persoas a título individual relacionadas co mundo do deporte e en concreto co atletismo. É polo tanto un colectivo plural que nace coa ilusión de fomentar o atletismo na contorna.
QUEN PODE FORMAR PARTE?
Todas as persoas que teñan un mínimo interese polo deporte e en concreto polo atletismo teñen cabida no proxecto. Nenos pequenos, adolescentes ou adultos atoparán no Club de Atletismo Arumes-Área 10 un equipo técnico e humano disposto a asesorar dun xeito multidisciplinar e individualizado aos atletas que se animen a participar.
QUE VANTAXES TES POR APUNTARTE?
A maiores do asesoramento técnico e individualizado o club de atletismo ofréceche formación, información de eventos de atletismo, recursos materiais, descontos, equipamento deportivo e o máis importante, todo o apoio para que mediante o deporte poidas medrar como persoa.
POR QUE ESCOLLER O ATLETISMO?
Como dixemos antes, o atletismo pódese considerar a primeira práctica deportiva empregada polo home e unha das máis completas de cantas existen.
O atletismo é un deporte que contén un conxunto de disciplinas agrupadas en carreiras, saltos, lanzamentos, probas combinadas e marcha. É a arte de superar o rendemento dos adversarios en velocidade ou en resistencia, en distancia ou en altura.
A maiores consideramos que tanto no Corgo, como nos concellos limítrofes existe unha oferta deportiva demasiado centrada nos deportes de masas como o fútbol, o baloncesto ou o fútbol sala, ata o punto de absorber todos os recursos existentes.
E por último, consideramos ao atletismo unha modalidade capaz de abrir portas por igual aos homes como as mulleres (xa dende as antigas civilizacións como a exipcia ou a grega).
Atletismo, todo vantaxes!!!
Cando facemos atletismo, sempre pensamos en practicalo para estar máis ou menos en forma, para perder esos quilos que sobran e para correr nalgunhas carreiras.
Pero amigos e amigas o atletismo, é moito máis que todo esto. É entrar nun mundo onde se fan boas amizades, onde se está creando una personalidade máis forte a nivel mental, onde sempre se verán os problemas máis positivamente, e onde se valora ás persoas polos seus valores persoais e o seu esforzo e non se lle dá importancia aos valores materialistas, onde nos xuntamos persoas de todas as nacionalidades, cores e ideoloxías e nunca hai problemas. Todo esto ten un nome, Deporte por saúde e amizade.
CLUB DE ATLETISMO
ARUMES-ÁREA 10
Antigas Escolas do Corgo s/n
27.163 O Corgo (Lugo)
Teléfono: 686 073 250
Páxina web: http://arumesarea10.blogspot.com
Correo-e: arumesarea10@gmail.com